Electricistas profesionales
Llámanos: 986 658 207 - 651 860 155

Temas

ELECTRICIDAD IN.M.A.C CONDADO S.L. renovou as instalacións de alumeado exterior en núcleos de Chenlo, Torneiros, Atios e Mosende no Concello de O Porriño

31/08/2021 · Alumbrados Públicos

A actuación dividiuse en dous lotes de licitación. Suman en total un gasto de 335.955,48€ (277.649,16€ máis 58.306,32 € en concepto de IVE), que serán financiados con fondos FEDER para a transición enerxética e con recursos propios do Concello.

Un Lote, consistente na obra de renovación de instalacións de iluminación exterior na parroquia de Atios (A Insua, O Castro), na parroquia de Torneiros (Casal de Vello, A Relva e A Gándara) e na parroquia de Mosende (O Caeiro, Unif.Casal+Igrexa, Figueiras e A Costeira), cun orzamento de 151.528,30€ (IVE incluído) e cun prazo de execución de 3 meses.

E outro Lote, para a renovación de instalacións de iluminación exterior na parroquia de San Juan de Chenlo (Saramagal, A Granxa, Parada, O Penedo,Canadelo-O Toxal,As Cabreiras, A Ladeira-A Quinta e As Cales-As Abas), cun orzamento de 184.427,18€ (IVE incluído) e 3 meses de prazo de execución.

¡Compártelo!